China exixe aos EUA que suspenda o seu sistema de defensa anti-míseis na Corea do Sul

Beijing teme que o Exército norteamaricano poda utilizar determinadas funcionalidades do radar do sistema THAAD para espiar China. 

Xi Jinping e Trump
photo_camera Xi Jinping e Donald Trump, presidentes de China e os EUA

Os ollos do mundo continúan focando cara a península da Corea. O día despois de Donald Trump declarar que en determinadas circunstancias "estaría honrado" con manter unha entrevista co líder norcoreano Kim Jong-un, China exixe aos EUA que desmonte o sistema de defensa anti-míseis THAAD instalado polos norteamericanos en Corea do Sul.

Beijing ve o THAAD como unha ameaza para a súa seguranza nacional.

Xa durante a campaña que o levou ao Despacho Oval, e durante os seus primeiros cen días de goberno, Donald Trump ten prodigado as declaracións críticas a China pola súa pretensa falta de firmeza no control do programa nuclear norcoreano.

De acordo con Reuters, o THAAD está xa operativo, embora só nunha fase inicial da súa capacidade para refugar potenciais ataques balísticos vindos do norte da península coreana.

Mentres tanto, sectores da Administración Trump quixeron matizar as declaracións do magnate en relación a unha eventual entrevista con Kim Jong-un, alegando que nestes momentos non se dan as condicións para unha cimeira entre os líderes dos EUA e Corea do Norte ter lugar.

Comentarios