Chile: os proxectos antagónicos da ultradereita de Kast e a esquerda de Boric disputarán a segunda volta

O 19 de decembro decidirase quen é o novo presidente de Chile.

Gabriel Boric Chile foto de Nicolas Ulloa -min
photo_camera Gabriel Boric (Foto: Nicolas Ulloa)

O ultra dereitista José Antonio Kast e o candidato de esquerdas Gabriel Boric serán quen disputen, o vindeiro 19 de decembro, a segunda volta das eleccións presidencias en Chile. Ambos os dous foron os que máis apoios recibiron este domingo.

Kast, avogado de 55 anos, casado e pai de 9 fillos e que non oculta as simpatías polo ditador Augusto  Pinochet, sumou o 27,91% de apoios, polo 25,82% de  Boric, un  ex líder estudantil de 35 anos que busca ser o presidente máis novo da historia de Chile.

Así pois, Gabriel  Boric representante da nova esquerda encarnada pola Fronte Ampla xunto o Partido Comunista e José Antonio Kast rostro da dereita máis dura e conservadora (Partido Republicano-Fronte Social Cristián) serán os candidatos da segunda volta

Coñecidos os resultados, Kast compareceu ante os seus seguidores nun barrio alto de Santiago  e agradeceu a Deus os resultados, prometeu maior seguridade e loitar contra “o comunismo” e “o terrorismo”.

De momento, Sebastián  Sichel, o candidato do oficialismo e favorito de Seabstián Piñera, que obtivo apenas 12% dos apoios nas urnas, felicitouno e asegurou estar aberto a conversar con el.

Boric, pola súa banda, xa obtivo o apoio do Partido Socialista e Marco  Enriquez  Ominami (que quedou en sexto lugar con 7,6% na súa cuarta aventura electoral), tomou a palabra máis tarde, remarcando aínda máis a distancia co dereitista de Kast.

 De feito, empezou dicindo que, a diferenza do seu rival, el non quere falar mal deste e que “a esperanza gañará ao medo”.

“Hoxe recibimos un mandato e unha responsabilidade que é tremenda. Encomendóusenos liderar unha disputa pola democracia, a inclusión, a xustiza e o respecto á dignidade de todos e de todas”, sinalou. “Temos que traballar pola unidade dos demócratas”, apuntou.

Comentarios