Ceuta: Garda Civil usou material anti-disturbios desde terra e mar contra os inmigrantes

O ministro de Interior recoñeceu os disparos, negados polo director do instituto armado nun primeiro momento. Os nove falecementos confirmados foron por afogamento.

inmigrantes
photo_camera Foto: RTVE

A Garda Civil utilizou material anti-disturbios contra as persoas que intentaban entrar a nado en Ceuta, 9 das cales faleceron por afogamento. Os axentes dispararon desde terra, e a unha distancia non regulamentaria, e tamén houbo anti-disturbios nunha patrulleira. Feitos que desmenten a versión inicial dada polo ministerio de Interior, principalmente a dada por Arsenio Fernández de Mesa, que mesmo chegou a amagar con denunciar a tod@s @s que acusaban á Garda Civil de empregar material anti-disturbios. Un extremo que ao longo desta semana de Mesa negaba por activa e por pasiva, nun discurso secundado pola Delegación do goberno español en Ceuta.

Os inmigrantes denuncian que a Garda Civil nin lles auxiliou nin deu aviso a Salvamento para que os socorrese

Mais o ministro admitiu na comparecencia parlamentar que que os axentes dispararon pelotas de goma. Iso si, dixo que “á auga” non ás persoas que tentaban entrar a nado. Destas persoas está confirmado o falecemento de nove. O motivo, e segundo recolle El Diario (medio español que desvelou as mentiras de Interior neste acso), avalancha dentro da auga e afogadas.

Tanto desde ONGs como as forzas da oposición no Congreso español xa demandaron demisións e que asuman responsabilidades.

O director xeral da garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, mentiu sobre o acontecido en Ceuta

 

Cemiterio nas augas

Máis de 4.900 inmigrantes morreron intentando entrar no Estado español desde 1988. Un total de 38 inmigrantes faleceron por disparos de corpos de seguridade na fronteira entre o Estado español e Marrocos desde 1988 até 2013.

Comentarios