"O cesamento do fogo chegará cando non haxa máis fascistas. Nin en Donbass nin en Kiev"

A pasada sexta feira, a República Popular de Donetsk asinou o cesamento das hostilidades con Kiev. Mais a tensión continúa sobre o escenario, con acusacións cruzadas de rachamento do acordo.

Que se asinase o cesamento do fogo non significa que os ucraínos de Donbass, a rexión suroriental en que se acha a República Popular de Donetsk, renuncien a exercer o seu direito á autodeterminación. De feito o seu presidente, Alexander Zakharchenko, dixo que seu goberno continúa planeando declarar nun futuro indeterminado a independencia.

Máis explícito foi Alexander Khryakov, ministro do goberno de Donetsk, quen en declaracións a The Guardian afirmou que "o cessar fogo" real só chegará cando Kiev sexa derrotado.

Rusia advirte que fechará o seu espazo aéreo se as sancións da UE atinxiren o seu sector enerxético

"Hoxe estamos a celebrar a liberación de Donbass do fascismo", dixo esta segunda feira durante os actos conmemorativos do 71 anos do fin da ocupación nazi. Para Khyakov, a batalla contra o fascismo no Donbass aínda está aberta: "O cessar fogo virá cando non haxa máis fascistas. E non só no Donbass, mais tamén en Kiev", dixo.

Sancións a Moscova

Mentres, a UE resolveu endurecer a súa política de sancións contra Moscova por considerar que Rusia está detrás das milicias populares contrarias ao goberno golpista de Kiev.

Esta segunda feira, o presidente do Consello Europeu, Herman Van Rompuy, anunciou un novo pacote de medidas que "aprofundan" as sancións adoptadas o 31 de xullo.

A reacción de Moscova non se fixo agardar. O primeiro ministro e ex presidente Medvedev advertiu de que Rusia fecharía o seu espazo aéreo se as sancións da UE atinxir o seu sector enerxético.

Comentarios