O CEO de Pfizer vendeu o 62 % das súas accións o día que anunciou a vacina

Tamén vendeu accións a vicepresidenta executiva da empresa, por 1,8 millóns de dólares.
Imagen de recurso de trabajadores de laboratorio en busca de una vacuna contra el coronavirus.
ONLY FOR USE IN SPAIN

Imagen de recurso de trabajadores de laboratorio en busca de una vacuna contra el coronavirus.

1/4/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera (Foto: Europa Press)

O conselleiro delegado de Pfizer, Albert Bourla, vendeu o 62 % das súas accións da compañía por valor de 5,6 millóns de dólares (uns 4,7 millóns de euros) o mesmo día que a farmacéutica anunciou os resultados preliminares positivos da súa vacina anticovid e disparouse en bolsa, segundo documentos da Comisión do Mercado de Valores de EE. UU.

De acordo ao documento, Bourla vendeu 132.508 accións a un prezo de 41,94 dólares, perto da súa cotización máxima, como parte dun plan predeterminado de correduría para empregados ao que este executivo subscribiu en agosto, cando a empresa aínda estaba a engadir participantes á fase avanzada do ensaio clínico da vacina.

Esta segunda feira, a estadounidense Pfizer anunciou que a vacina experimental que desenvolve xunto á alemá BioNTech ten unha efectividade do 90 % nos resultados preliminares da última fase, uxerabdi unha onda de optimismo en todo o mundo, incluídos os mercados, que rexistraron fortes ganancias.

Segundo dixo un portavoz de Pfizer a medios, Bourla leva 25 anos na farmacéutica e é propietario dunha "cantidade substancial de accións" baixo diferentes plans de aforros, e autorizara á firma xestora dos mesmos a vender unha parte se alcanzaban "un certo prezo", polo que agora quédanlle uns 82.000 títulos, o que representa "nove veces o seu salario".

Tamén vendeu accións como parte dun plan predeterminado a vicepresidenta executiva de Pfizer, Sally Susman, que gañou 1,8 millóns de dólares na operación, segundo documentos do regulador bolsista (SEC, en inglés).

Os executivos das grandes firmas adoitan vender accións por intervalos a través deste tipo de plans de xestión de capital que se acollen á lei, pero algúns deciden atrasar eses movementos para evitar que pareza que aproveitan acontecementos que disparan os seus prezos. 

Comentarios