Análise

A causa contra o Govern: unha desfeita procesual

O profesor de Dereito e membro do Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades ‘Esculca’ David Soto debulla as chaves legais que deixan en evidencia a falla de consistencia procesual da causa contra o Govern de Catalunya que instrúe, na Audiencia Nacional, a maxistrada Carmen Lamela e que se saldou coa prisión provisional de oito consellers e un en situación de liberdade baixo fianza. Eis un extracto da análise publicada no Sermos Galiza 271.

De la Maza_confilegalCOM
photo_camera [Imaxe: Confilegal] O fiscal xeral do Estado, De la Maza

5Non facer nada. Esa é a estratexia política de Mariano Rajoy. Pero, ao igual que o seu curmán, o laissez-faire do liberalismo económico, o non-facer-nada de Rajoy é un principio que se mantén en pé grazas a un si-facer en certo grao invisíbel. Explícome, se para “deixar facer” os individuos, o liberalismo precisa dun Estado forte que garanta coercitivamente a orde pública, o non-facer-nada de Rajoy, esa estratexia que o segue presentando como un simple executor do sentido común, precisa tamén da posta en marcha de certos mecanismos de coerción.

Neste caso, os mecanismos son eminentemente xurídicos: intervencións policiais, sentenzas do Tribunal Constitucional e procedementos penais, malia que estas actuacións non foron deseñadas para resolver conflitos sociais ou políticos de certo calado. Alguén poderá opoñer a natureza realmente política do labor dos tribunais en xeral e do Tribunal Constitucional en particular. A dita natureza política sen dúbida existe e era unha idea aceptada polo propio deseñador dos tribunais constitucionais, o xurista Hans Kelsen. Mais tampouco se debe esquecer que a misión destes tribunais, segundo Kelsen e tamén segundo as e os seus detractores, é defender a Constitución, mais non, e velaí a diferenza, abordar os conflitos que precisan dunha solución constituínte.

[Podes ler a análise íntegra no número 271 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios