Análise

Catalunya, outra vez 1898

Salvando a distancia no tempo, a resposta do Estado español ás demandas do pobo garda moitas semellanzas coa súa reacción ás aspiracións das e dos nacionalistas cubanos nas décadas finais do século XIX. Debúllaas Cilia Torna nesta análise publicada no Sermos Galiza 273. Eis un extracto.

[Imaxe: Adria Costa/Nación Digital]  Manifestación pola liberación das presas e presos cataláns.
photo_camera [Imaxe: Adria Costa/Nación Digital] Manifestación pola liberación das presas e presos cataláns.

4A resposta do Estado español ás demandas do pobo de Catalunya garda moitas semellanzas coa súa reacción ás aspiracións das e dos nacionalistas cubanos nas décadas finais do século XIX. A negativa ao diálogo e o recurso á forza, a represión xeneralizada co envío masivo de tropas á illa, un sistema de partidos que se tornaban na xestión gobernativa pero que coincidían nas políticas a aplicar, as ameazas de fugas de capitais e empresas de Cuba por parte de banqueiros e latifundistas, moitas de cuxas fortunas tiñan orixe no tráfico de escravos, a asociación da independencia das colonias co caos económico no discurso da oligarquía, a redución da cuestión cubana a un problema de orde pública ou a utilización da lei e da constitución como unha ferramenta de combate co nacionalismo son algúns dos aspectos sobre os que xirou a posición do Estado.

Salvando a distancia no tempo, non estamos diante dunha mera casualidade histórica, pola contra emparenta coa propia xenética do estado español, unha construción imperial de matriz castelá, o seu proceso de conformación, un proxecto centralizador encamiñado a laminar a diversidade nacional pola vía da asimilación, e a súa tradición política, pelexada co diálogo como mecanismo para resolver os conflitos.

[Podes ler a análise íntegra no número 273 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios