Castela e León suspende cautelarmente a vacinación con AstraZeneca

O departamento castelán-leonés de Saúde explica que a medida adóptase "en aplicación do principio de precaución que debe rexer a xestión de alarmas e riscos en calquera medicamento".
Doses de vacinas de AstraZeneca (Foto: Europa Press).
photo_camera Doses de vacinas de AstraZeneca (Foto: Europa Press).

Castela e León suspendeu preventivamente a vacinación con AstraZeneca en menores de 65 anos até coñecer o informe da Axencia Europea do Medicamento ( EMA) que analiza se os trombos cerebrais que sufriron algúns vacinados están relacionados co composto e que se dará a coñecer en rolda de prensa prevista á primeira hora da tarde desta cuarta. É, de momento, o único territorio do Estado que tomou unha decisión deste tipo.

Nun comunicado, o departamento castelán-leonés de Saúde explica que a medida adóptase "en aplicación do principio de precaución que debe rexer a xestión de alarmas e riscos en calquera medicamento".

Ademais, insiste en que se trata dunha medida cautelar, á espera de coñecer as conclusións do Comité de Avaliación de Riscos de Farmacovixilancia da EMA que se reúne hoxe.

Esta suspensión afecta distintos procesos de vacinación masiva que estaban programados en Castela e León en que se ía utilizar, segundo o establecido na Estratexia nacional de vacinación fronte á covid-19, esta vacina

Comentarios