Case a metade do electorado rexeita que Porto Rico sexa Estado dos EUA

Os partidarios da anexión argumentaban que o apoio a esta opción era case unánime na illa caribeña, con base nos resultados na consulta de 2017, que foi boicoteada pola oposición.
EuropaPress_2979755_01_may_2020_puerto_rico_san_juan_demonstrators_wave_puerto_rican_black_flag
photo_camera Manifestantes ondean bandeiras portorriqueñas o pasado Primeiro de Maio ao seu paso polo Capitolio (Nahira Montcourt / dpa)

Con máis de 95% dos votos escrutados, o plebiscito sobre o status de Puerto Rico con respecto aos Estados Unidos ─país do que oficialmente é Estado libre asociado─ saldouse cun resultado favorábel a que a illa caribeña se converta nun membro de pleno dereito da Unión.

En concreto, 602.078 (52,26%)  votaron que 'Si', por 550.080  (47,74%) que optaron polo 'Non'. Un resultado que, non obstante, pon en cuestión os argumentos dos partidarios da anexión completa, que sostiñan que o apoio a esta opción era case unánime en Porto Rico.

Baseaban esta afirmación no resultado do último plebiscito, o organizado en 2017, que contou con 97% de fotos a favor da estatalidade. Porén, esa consulta tan só tivo 23% de participación tras o boicot organizado pola oposición antianexionista.

En calquera caso, o referendo da pasada terza feira non é vinculante, e Washington nin se compromete nin avala o resultado tal e como sinalou noutras ocasións. Esta é a sexta consulta sobre esta cuestión na historia de Porto Rico, despois das de 1967, 1993, 1998, 2012 e 2017.

Eleccións xerais

Ademais, na cita electoral do 3 de novembro tamén se elixía o gobernador, a composición das cámaras parlamentarias, o representante do país en Washington e os alcaldes de 78 municipios.

Pedro Pierluisi, candidato do Partido Novo Progresista, sería o gobernador electo. Segundo foi Carlos Delgado Altieri, do Partido Popular Democrático. Cada un dos obtivo máis de 30% dos votos. Terceira foi Alexandra Lúgaro (14,5%), de Movemento Vitoria Cidadá.

E cuarto, Juan Dalmau, con 14%, do Partido Independentista Portorriqueño, no mellor resultado dun candidato soberanista en máis de 60 anos.

Comentarios