O 48,3% dos enquisados polo CIS valoran como “mala” ou “moi mala” a xestión do goberno de Rajoy

O barómetro de opinión, porén, constata que os conservadores serían de novo a forza máis votada se houber eleccións hoxe

A crise pasa factura ao goberno de Mariano Rajoy mais non tanta coma se podería pensar tras catro meses de recortes e máis recortes. Segundo o barómetro de opinión do Centro de Investigacións Sociológicas (CIS), os populares volverían ser a forza máis votada de haber eleccións hoxe, cun 40,6 por cento dos votos. Tres puntos menos, iso si, que nos comicios de novembro, pero cunha vantaxe de 11 puntos sobre o PSOE, que obtería un 29,6%.

 E iso que o CIS constanta que un 48,3% dos enquisados e enquisadas valoran a xestión do goberno de Mariano Rajoy como “mala” ou “moi mala” frente a un 17 por cento que a califican de “boa” ou “moi boa” (estes, un 1,5%).

 Á marxe de PP e PSOE, o barómetro do CIS (feito en base a 2.484 entrevistas realizadas en 238 concellos de 49 provincias entre os días 9 e 17 de abril) sinala que IU obtería un 8,6%, e reforzaría a UPyD na cuarta posición, cun 5,1%. No que atinxe ao BNG, a formación nacionalista sufriría un descenso de tres décimas no apoio electoral respeito do respaldo que obtivo nos comicios de novembro.

Comentarios