Casado avanza que o PP non apoiará a prórroga do estado de alarma: “Non ten ningún sentido”

“A día de hoxe non podemos apoiar esta prórroga”, di o líder do PP.

O presidente do PP, Pablo Casado (David Mudarra).
photo_camera O presidente do PP, Pablo Casado (David Mudarra).

Pablo Casado asegurou esta segunda feira nunha entrevista na cadea Onda Cero que “non ten sentido” prorrogar o estado de alarma “máis alá de 60 días”.

O líder do PP non quixo dicir con claridade cal será o sentido da votación do seu partido no Congreso mais suxeriu que a opción escollida será a abstención.

“A día de hoxe, coa información que temos, non podemos apoiar esta prórroga”, dixo, e afirmou que relacionar o mantemento dos ERTE coa vixencia do estado de alarma é “unha chantaxe”.

Pablo Casado considera que hai lexislación básica que permite xestionar a situación actual sen ter que recorrer ao estado de alarma. Defendeu que no seu día se aplicase esta ferramenta mais, engade, unha vez que o propio presidente español di que se pode saír “a tomar o vermú”, hai que adaptar a normativa legal á nova situación.

Comentarios