A carreira por desenvolver a vacina contra a COVID-19 suma xa catro competidores

A competición por descubrir unha vacina contra o coronavirus SARS-CoV-2, que poida sacar a poboación mundial da "nova normalidade", sumou nas últimas horas dous novos aspirantes: un proxecto alemán e outro británico. Unha carreira que, por momentos, carece de xogo limpo, de espírito olímpico.

Un trabajador de un laboratorio trabaja para hallar una vacuna contra el coronavirus
ONLY FOR USE IN SPAIN

Un trabajador de un laboratorio trabaja para hallar una vacuna contra el coronavirus

1/4/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera O equipo do Instituto Jenner, da Universidade de Oxford, cifra as posibilidades de éxito en 80% (Peter Steffen / dpa)

O Goberno alemán tivo que intervir o pasado mes de marzo para deter in extremis a tentativa de adquisición do laboratorio farmacéutico CureVac por parte de capital estadounidense, nunha operación instigada pola Casa Branca. Neste ambiente, a Comisión Europea instou nos últimos días os Estados membros a se protexeren ante a ameaza de adquisición de empresas estratéxicas por parte de grupos estranxeiros, e é nesta liña que os países están lexislando.

Tamén o secretario xeral da ONU, António Guterres, se pronunciou ao respecto. Recentemente escribía na súa conta do Twitter: "Necesitamos unha coalición global para desenvolver unha vacina para a COVID-19, que debe estar dispoñíbel e ser accesíbel economicamente para todo o mundo, en todo o mundo". 

Neste sentido, a Asemblea Xeral da ONU aprobou esta semana unha proposta presentada por México e copatrocinada por 164 dos 193 países que a conforman, avogando pola cooperación internacional para o acceso en igualdade a medicamentos, vacinas e equipo médico na loita contra o coronavirus. Porén, as decisións da Asemblea Xeral, ao contrario do que sucede coas que adopta o Consello de Seguridade, non son vinculantes.

Catro países

Mais, de volta á carreira, catro países van en cabeza: a China, os EUA e, agora tamén, o Reino Unido e Alemaña. Na cuarta feira, a autoridade federal xermana responsábel da certificación de vacinas, o Instituto Paul Ehrlich (PEI, nas súas siglas en alemán), aprobou os ensaios clínicos en humanos que realizará o laboratorio BioNTech, con sede en Mainz, en conexión co xigante estadounidense Pfizer

Polo momento, o PEI non precisou cando darán comezo as probas, aínda que o director executivo de BioNTech, Ugur Sahin, asegurou que se poderían iniciar na vindeira semana. De ser así, os primeiros datos estarían dispoñíbeis "a finais de xuño ou principios de xullo". 

Inicialmente terán unha mostra de 200 persoas voluntarias sas de entre 18 e 55 anos. O obxectivo, sinalou o PEI, é "determinar a tolerancia xeral da vacina e a súa capacidade para propor unha resposta inmune contra o axente patóxeno", o SARS-CoV-2, un virus de ARN que ten a particularidade de poder mutar. 

Algo por diante cara á meta vai a Universidade de Oxford, que xa onte iniciou a inoculación de humanos do seu proxecto de vacina no Hospital Universitario de Southampton, ao sur de Inglaterra. Na súa primeira fase, contará con 510 persoas voluntarias de entre 18 e 55 anos. A metade recibirá a nova vacina potencial e o resto, unha vacina de reforzo da meninxite, que nesta proba funcionará de placebo.

O equipo investigador do Instituto Jenner desta universidade cifra as posibilidades de éxito en 80%. De ser o caso, a partir de setembro produciríanse un millón de doses en paralelo a máis investigacións. Con todo, advertiu que na actualidade non hai centros capaces de producir a enorme cantidade de doses necesarias para inocular a toda a poboación, segundo afirmou a directora do equipo, Sarah Gilbert

Unha reflexión que vai na liña do manifestado esta mesma semana pola OMS, na voz de Michael Ryan. O director de Emerxencias da organización dixo que as empresas produtoras deberían comezar a planear a distribución ante a previsíbel alta demanda. Cómpre ter en conta que as vacinas modernas, elaboradas con ADN ou ARN ─e non cunha versión debilitada do virus─ , requiren de instalacións especializadas para a súa fabricación.

Cinco proxectos

O proxecto de vacina británico ─e o alemán, axiña comece─ súmase aos tres que xa se están a ensaiar en humanos, segundo os últimos datos actualizados que achega a OMS. O máis avanzado ─o primeiro probado en humanos, o 16 de marzo─ é o desenvolvido na China pola empresa CanSino Biological e o Instituto de Biotecnoloxía de Beijing

Os outros dous son estadounidenses: o elaborado por Moderna en colaboración co Instituto Nacional de Alerxia e Enfermidades Infecciosas (NIAID), que comezou a fase clínica en humanos o 27 de marzo; e o impulsado por Inovio Pharmaceuticals, que o fixo o 6 de abril.

Comentarios