Carme Forcadell renuncia a presidir outra vez o Parlament

A que foi máxima autoridade do Parlament de Catalunya entre 2015 e 2017, Carme Forcadell, renuncia a volver á presidencia da Cámara. Número 4 da lista de Esquerra Republicana nas eleccións do 21 de decembro, Forcadell está imputada por delitos de sedición, desobediencia e rebelión.
 

forcadell
photo_camera A ex presidenta do Parlament de Catalunya Carme Forcadell. Foto: cedida.

Segundo informa ElNacional.cat, a que tamén fora presidenta da Assemblea Nacional Catalá vén de comunicar a súa decisión á dirixencia de ERC. Ás doce explicara os detalles da súa opción en comparecencia de prensa.

Carme Forcadell non deixará a acta de deputada. Imputada pola Fiscalía Xeral do Estado, pasou unha noite en prisión e saiu despois de pagar 150.000 euros de fianza grazas á caixa de soliadriedade do movemento independentista catalán.

Comentarios