Un cargueiro basco con 5 mariñeiros galegos a bordo parte fronte a costa de Iparralde

Os 11 tripulantes xa foron rescatados após colidir o barco contra o dique da praia de Barre, nas proximidades de Baiona. O 'Lune' tiña 127.000 litros de fuel-oil.

buque
photo_camera Foto: Gaizka Iroz/AFP

O cargueiro basco 'Luno', no que ían cinco tripulantes de orixe galega, colidiu contra o dique da praia de Barre, perto do porto de Baiona, na zona basca baixo administración do Estado francés. A resultas do choque, este buque de 100 metros de eslora partiu en dous.

O 'Luno' portaba 123 metros cúbicos de fueloil. Nun comunicado, a Prefectura de Pirineos Atlánticos afirmaba que o barco embarrancara por mor dunha avaría eléctrica “total”. O buque colidiu co dique da praia de Barre e partiu en dous..

Até a zona desprazáronse helicópteros e medios náuticos, que evacuaron a tripulación.

Vertedura

As paraias de Barre y Cavalier están pechadas e despexáronse os accesos para que poidan chegar os servizos de loita contra a contaminación. A embarcación sinistrada non levaba mercancía, mais tiña nos seus tanques 127.000 litros de fuel oil para navegar e outros 12.000 de aceite. 

Comentarios