Cargas e centos de detencións en París na cimeira do clima

O mantemento do estado de emerxencia prohibe mobilizacións na rúa embora seren pacíficas.

Máis de 300 persoas foron prendidas pola policía francesa na xornada de onte (29 de novembro) na capital francesa. Con motivo da cimeira internacional do clima (COP21) millentas persoas (por volta de 3 mil) concentráronse na Praza da República embora manterse o estado de emerxencia que prohibe expresamente calquera mobilización nas rúas. 

Malia o carácter pacífico da concentración, coa que @s asistentes trazaron unha cadea humana entre A República e A Nación, a policía comezou a cargar con gases lacrimóxenos. 

Segundo algúns medios franceses e tamén responsábeis das forzas de seguridade francesa algunhas das persoas concentradas tería tirado obxectos dos depositados en lembranza ás vímitas dos ataques de París contra @s axentes policiais. 

A mobilización pretendía exixir compromisos políticos @s asistentes de 195 estados após as anteriores roldas de negociación remataren con meras declaracións de intención perante o cambio climático. 

Comentarios