Maduro acusa a Capriles de estar a preparar o ambiente propicio para un golpe de estado

Máxima tensión en Venezuela: o candidato da oposición pide aos seus siareiros que se concentren ante os organismos electorais, que fagan unha 'cacerolada', aliás de afirmar que hai militares presos “por defender a constitución”. O Exército chamou a respeitar a vontade democrática expresada polo pobo. O Parlamento de Venezuela pedirá investigación penal a Capriles para determinar a responsabilidade nos actos de violencia destas horas

Nicolás maduro
photo_camera Nicolás maduro

Incendio de sedes do PSUV en Barinas, Táchira ou Anzoategui. Ataques ao transporte urbano nos barrios altos de Caracas, con incendios de varias unidades. Agresións a cargos chavistas en Anzoategui. Mesmo dous militantes do PSUV asasinados a tiros por simpatizantes do sector máis duro da poposición. Queima de centros de saúde ao berro de "Cuba non, Venezuela si", pois nestes centros traballan sanitarios cubanos. Opositores ao chavismo están a provocar unha regueira de actos violentos en Venezuela, segundoestán a denunciar medios venezolanos. Unha tensión que se produce após a primeira 'cacerolada' convocada polo opositor Capriles para protestar contra o que cualifica de "fraude á democracia".

O embaixador español, Margallo, subscribe públicamente as exixencias de Capriles dun reconto. Venezuela chamou a consultas ao seu embaixador no Estado español

Nicolás Maduro é “un presidente ilexítimo” que merece ser contestado na rúa con “caceroladas que fagan sentir a nosa rabia” e mobilizacións e concentracións “ante o Consello Nacional Electoral”. O candidato da oposición, Capriles, négase a recoñecer os resultados das eleccións deste domingo, que sinalan unha vitoria de Maduro ( 50,7 dos votos). Unha postura que nestas horas vén de ter o aval e apoio de Estados Unidos, que a través do Departamento de Estado pide que Maduro non sexa proclamado presidente até que se faga a auditoría dos votos pedida por Capriles. Tamén a OEA (Organización de Estados Americanos) se suma a esa posición.

A Capriles non se lle pode negar que falou clariño: chamou os seus siareiros a saíren á rúa, ben a concentrase con caceroladas, ben a manifestarse esta cuarta feira ante os organismos electorais. Todo iso para pedir que se conte “voto a voto” e estender a mensaxe de que estas eleccións non foron xustas.

Maduro considera que Capriles está a alentar un "golpe de Estado"

Exército

Incluso dixo que había militares presos por defender a constitución neste proceso, unha acusación que deitou sen probas. Todo apunta a que os Estados Unidos estarían a animar aos sectores militares que se levantaron en armas contra Chávez no golpe de 2002 a que cuestionen abertamente a lexitimidade da vitoria de Maduro, co obxectivo de desestabilizar o país e criar a sensación de que o chavismo non é capaz de retomar o control. No caos gañaría Capriles, que xoga a desgastar ao sucesor de Chávez.

En teoría a maior parte dos cadros militares manteñen a súa adhesión ao goberno bolivariano. Esa é neste momento a grande baza de Maduro para resistir a fortísima presión que van exercer contra el a oposición interna e o Imperio norteamericano.

Comentarios