Cando as intervencións ‘humanitarias’ son militares

A defensa dos dereitos humanos ten sido utilizada de maneira reiterada como coartada e escusa para xustificar intervencións militares.  A “responsabilidade de protexer” invocada polas principais potencias para lexitimar as súas agresións encobre finalidades que teñen a ver máis co económico e o xeopolítico que co humano. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 315 de Sermos Galiza.

Tio Sam_ARTPASSIONKARLOS
photo_camera [Art Passion Karlos]

4Con base na “responsabilidade de protexer” e facendo un uso a cada vez máis elástico do denominado “dereito internacional”, as principais potencias mundiais, articuladas arredor dos EUA, teñen impulsado nas últimas décadas unha vaga de intervencións militares que malia seren presentadas como “humanitarias”, pola súa presunta intencionalidade, acabaron en moitos casos en se amosar claramente como agresións que perseguían obxectivos xeoestratéxicos e xeopolíticos. Destarte, o principio de “non inxerencia” sobre o que se que tiña que asentar a convivencia pacífica entre Estados soberanos acabou por ser substituído na práctica polo da “inxerencia”.

O activista belga Jean Bricmont definiu esta nova concepción como “imperialismo humanitario”, que en síntese vén a referir o uso dos dereitos humanos como coartada para lexitimar socialmente a guerra. A partir da súa obra [Imperialismo humanitario. El uso de los Derechos Humanos para vender la guerra; 2008, Ed. El Viejo Topo.], o sociólogo Noam Chomsky alertaba de que no actual contexto de hexemonía mundial dos EUA o “imperialismo humanitario” é apenas o feito dos Estados poderosos “reclamar o dereito ao uso da forza porque ‘o cren xusto’, co que de maneira moi regular e predicíbel perverten “a propia administración de xustiza”.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 315 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios