Impulsan unha candidatura unitaria dos pobos sen estado de Francia ás presidenciais galas

O alcalde e activista bretón Christian Troadec procura apoios, alén de Bretaña, en Iparralde, Córsega, Occitania, Alsacia e Catalunya Nord para concorrer en 2017 aos comicios franceses.

christian-troadec-breizh
photo_camera C. Troadec

Unha candidatura que represente os intereses dos diferentes pobos e nacións sen estado que integran Francia para chegar ao Elíseo, o símbolo do centralismo político francés, e dar finiquito o xacobinismo territorial galo? Pois tal parece ser a intención de Christian Troadec, un político e activista bretón, alcalde da vila de Karaez, conselleiro rexional, líder da organización política Breizh War Raok e un dos impulsores dos ‘gorros vermellos’, que tanta guerra deron en 2013 a París.

Comprometido coa defensa da cultura bretoa, Troadec é un firme partidario de impulsar un proceso de descentralización en Francia que vaia da man so recoñecemento das “identidades territoriais”. Por iso, a e a través dun comunicado e tal e como dá conta Nationalia,, este político anunciou a súa intención de concorrer ás eleccións presidencias que Francia realizar en 2017. Para iso, vai comezar unha xira polos diferentes pobos para recoller apoios. Precisa, segundo a lei francesa, a sinatura dun mínimo de 500 cargos electos para poder presentarse.

Comezará esta ‘tourné’ en Alsacia, “rexión sacrificada no marco da reforma territorial”. E asegurou que pasará por Iparralde, Córsega, Occitania e Catalunya Nord para ir sumando apoios.

Nas eleccións contonais do mes pasado os partidos das nacións sen estado atinxiron resultados salientábeis en Iparralde, Córsega e Alsacia. Troadec, cómpre lembralo, non enmarca o seu proxecto nun discurso soberanista ou independentista, nin sequera nacionalista, senón nun proceso de descentralización política e acorde coa identidade dos pobos.

Imaxe: Breizh

Comentarios