Canarias prepara unha folga xeral nacional o 14 de novembro contra a "liquidación de dereitos"

Un total de 12 sindicatos partillan a unidade de acción de cara a unha folga xeral nas Illas Canarias contra as políticas do Partido Popular
Canarias

As organizacións sindicais Comisiones de Base, CCOO Canarias, Convergencia Sindical Canaria-OCESP, Docentes de Canarias-INSUCAN, Frente Sindical Obrero de Canarias (FSOC), Intersindical Canaria, Sindicato de Empleados Públicos de Canarias (SEPCA), Sindicato Independiente Canario (SIC), Sindicato Obrero de los Puertos Canarios (SOPC), UGT Canarias, USO Canarias e EA Canarias, preparan unha folga xeral nacional en Canarias para o vindeiro 14 de novembro en protesta polos recortes prantexados nos orzamentos xerais do estado para 2013 "e as súas nefastas consecuencias" para as illas.

"Liquidar dereitos"

Para as centrais, as políticas do Partido Popular de Madrid inciden na liña de "liquidar dereitos laborais e sociais", para alén de acusar o executivo canario de "compartilas". Os sindicatos animan a cidadanía de Canarias a se sumar a esta mobilización "contra as políticas neoliberais" impostas desde Bruxelas e Madrid. Unha protesta que vén sumarse á vaga de mobilizacións que se desenvolven nas Illas desde hai meses en protesta polas políticas contra as maiorías sociais.

A convocatoria desta folga, apunta, é un paso, para pular por unha manifestación conxunta en diferentes países de Europa, convocatoria que se está a artellar a diferentes niveis.

Comentarios