Canadá muda o seu himno nacional para facelo inclusivo

A Cámara dos comúns aproba variacións no cántico para asegurar a neutralidade de xénero.

canada
photo_camera Parlamento de Canadá

O himno nacional canadiano mudará para unha versión inclusiva. A Cámara dos comúns aprobou intrudicir variacións na letra para segurar a neutralidade de xénero. A proposta, aprobada por 225 votos fronte 74, altera dúas palabras: a estrofa 'True patriot love in all this sons command” pasa ser “True patriot love in all of us command”.

A proposta de alterar esta parte do himno fíxose varias veces nos últimos 25 anos. Nese tempo tamén houbo propostas para retirar a carga relixiosa presente noutras estrofas. O himno do Canadá ten a particularidade de ter dúas versións, en inglés e francés, e non coinciden na letra. Embora ser do princípio do século XX non foi oficializado como himno nacional até a década dos 80. A versión francesa mantén a orixinal de 1908 mentres que a inglesa sufriu algunhas variacións.

Para a ministra da Igualdade Patty Hadju, a importancia desta decisión convértea “nun símbolo moi forte do noso compromiso coa igualdade de xénero no noso país”. O goberno de Justin Trudeau, eleito en outubro pasado, marcou xa diferenza por apresentar por vez primeira tantas mulleres como homes nos cargos ministeriais.

Información tirada de Esquerda.net

Comentarios