Campioa do mundo de waterpolo pecha conta de twitter polos insultos por ter a ‘estelada’

Roser Tarragó pechou a súa conta persoal tras recibir insultos doutr@s usuari@s a recriminarlle que no seu avatar da rede social teña a bandeira independentista catalá

Roser Tarrago

#totssomrosertarrago é a etiqueta de HT que anda polas redes sociais en apoio a Roser Tarragó, a xogadora de waterpolo, e campioa do mundo nos mundiais de natación, que decidiu pechar a súa conta de twitter tras a vaga de insultos recibidos por ter nesta conta social o símbolo II*II, que representa a ‘estelada’, a bandeira nacionalista catalá.

Da vaga de insultos pasouse mesmo até o intento de artellar unha campaña nas redes sociais para que a deportista fose expulsa da selección española.

A xogadora sempre se manifestou a prol de que as seleccións cataláns nas diferentes modalidades deportivas poidesen competir oficialmente, e apoiaba a Plataforma Proseleccions Catalanes

Non é a primeira vez

Non é a primeira vez que un deportista catalá recibe insultos e ameazas polas súas ideas políticas. Así, e hai aproximadamente un ano, Àlex Fàbregas, xogador de hockey sobre herba que participou nos Xogos olímpicos de Londres coa selección española, foi albo de insultos por dicir que xogaba con España porque non se deixaba participar unha elección catalá.


 

Comentarios