Campaña de desobediencia civil en Gales pola transferencia das emisións de televisión e radio

gales cymru

William Griffiths, granxeiro da illa de Ynys Mon e militante da Cymdeithas yr Iaith, entidade de defensa do galés, foi citado por un tribunal por se negar a pagar a taxa de televisión. A negativa fai parte da iniciativa en demanda da transferencia de competencias no eido da tele e radiodifusión de Londres a Gales e que así poida haber un recoñecemento e difusión da lingua e cultura propia. "Ter competencias na emisión é un dereito básico de calquera país”, afirmou Grifftihs no xuízo.

Hai unha campaña de desobediencia civil para lograr estes obxectivos e no marco da cal xa foi xulgada hai unas semanas Heledd Gwyndaf, que tamén se negara a pagar esa taxa. Por volta de 70 persoas están na mesma situación por esta desobediencia activa. Griffiths foi condenado a 6 meses de prisión en suspenso e a facerse cargo dos custos da vista, por volta de 220 libras.  

Segundo unha enquisa de YouGov, por volta de 65% dos galeses é partidario de que as competencias de emisións de televisión e radio pasen a Gales.

Comentarios