Cameron aconsella a Rajoy que respecte o dereito a decidir de Catalunya

"Non se poden ignorar as cuestións de nacionalidade, identidade e independencia, hai que deixar ao pobo decidir" afirma o primeiro ministro do Reino Unido, nunhas declaracións nas que, engadindo que el non era quen de ter que lle dicir nada ao goberno español, si que consideraba que había que permitir elixir á xente

Cameron e Rajoy
photo_camera Cameron e Rajoy

Nunha reunión internacional con máis de cento cincuenta medios presentes e antes do inicio da xuntanza do G8, o actual primeiro ministro británico David Cameron aleccionou ao goberno español sobre a necesidade de respectar a vontade de autodeterminación en Cataluña. Fíxoo ao ser preguntado sobre o caso escocés, pobo que en 2014 realizará un referendo sobre a súa independencia, consulta respectada por Gran Bretaña.

Cameron afirmou, segundo recolle Vilaweb, que non cría que era bo camiño o de ignorar o desexo dun pobo de decidir o seu futuro.

Cameron non mencionou Catalunya directamente, mais si que se referiuse explicitamente ao presidente español, Mariano Rajoy. Cameron dixo que el non era Rajoy nin era quen de dicirlle o que facer, mais que consideraba que a posición actual non era a correcta

Londres si respeta o referendo soberanista de Escocia

En concreto, Rajoy dixo: "Non se pode ignorar as cuestións de nacionalidade, identidade e independencia. É mellor explicar os seus argumentos e deixar a xente decidir. Esta é a forma no que facemos as cousas no Reino Unido. Eu non diría ao goberno español como ten que afrontar estas cuestións. E é unha cuestión do goberno español”.

Cómpre lembrar que o goberno británico respecta o referendo de autodeterminación de Escocia, previsto para 2014 e no que os e as escocesas votarán se queren independizarse ou seguir a formar parte de Reino Unido. 

Comentarios