A calor do verán podería non frear a expansión do coronavirus

Así o afirma no seu último informe o Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades, axencia dependente da UE, en base as análises preliminares do brote na China.

coronavirus (Europa Press)
photo_camera (Europa Press)

A calor do verán podería non frear a expansión do coronavirus, segundo investigacións citadas nesta cuarta feira, 25 de marzo, polo Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (EDCD, nas súas siglas en inglés).

O informe citado suxire que o virus non se torna menos perigoso en condicións de calor e humidade. "Non hai evidencia a día de hoxe que o SARS-CoV-2 se cinga a estacionalidade do inverno, tal e como outros coronavirus humanos no hemisferio norte", sinalou o ECDC, en referencia ao novo coronavirus que causa a pneumonía COVID-19.

O documento cita análises preliminares do brote na China, que descubriron que o virus era capaz de manter altos niveis de reprodución en lugares tropicais con alta humidade, como Guangxi e Singapur.

Isto "enfatiza a importancia de implementar medidas como o illamento de individuos infectados, manter a distancia nos centros de traballo e o feche das escolas", declarou no seu informe o centro dependente da Unión Europea.

Saturación, en menos dun mes

Ademais, o ECDC alerta de que os sistemas sanitarios dos países da UE corren un alto risco de vérense saturados. Segundo o seu modelo preditivo, a capacidade das camas nas unidades de coidados intensivos verase excedida para mediados de abril.

Comentarios