A cadea perpetua volve a España da man dun pacto PP-PSOE

PP e PSOE selan un pacto ‘anti-terrorista’ no que se avala a prisión permanente revisábel. Rajoy di que é “un día moi importante para a democracia en España”.

Rajoy_sanchez

Mariano Rajoy (PP) e Pedro Sánchez (PSOE) pactaron, cunha posta en escena propia da solemnidade do acordo de Estado, o cuarto acordo ‘anti-terrorista’ desde a ‘Transición’, desta vez co jihadismo como inimigo principal no canto de ETA. Un acordo de oito puntos no que se avala que os condenados por terrorismo poidan ser condenados a cadea perpetua ou prisión permanente revisábel. Unha figura que non existía no Estado español desde hai décadas e que volve ao sistema xurídico e penitenciario español. E faino pola porta grande.

Acordo para afianzar a unidade en defensa das liberdades e a loita contra o terrorismo’ é o nome deste pacto. Mariano Rajoy e Pedro Sánchez non admitiron preguntas. Coincidiron en destacar a importancia da “unidade” perante o terrorismo e mostraron o seu orgullo de “amosar ao mundo enteiro a unidade e o consenso”. O presidente do goberno mesmo falou de “día moi importante para a democracia en España”.

No acordo recóllese nunha cláusula na que o PSOE comprométese a derrogar a prisión permanente tan pronto “teñamos unha maioría suficiente”

Comentarios