O Brexit reabre as discrepancias no seo da UE entre países contribuíntes e receptores

O Consello Europeo reúnese desde esta quinta feira, 20 de febreiro, para negociar o orzamento de 2021-2027.
20 February 2020, Belgium, Brussels: European Council President Charles Michel speaks with the media representatives ahead of the start of an extraordinary EU summit meeting on the European Budget. Photo: Thierry Roge/BELGA/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

20 February 2020, Belgium, Brussels: European Council President Charles Michel speaks with the media representatives ahead of the start of an extraordinary EU summit meeting on the European Budget. Photo: Thierry Roge/BELGA/dpa

2/20/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera O presidente do Consello Europeo, Charles Michel, dixo esta quinta feira en Bruxelas que aspiraba a conciliar posturas (Europa Press)

Os xefes de Estado e de Goberno dos países membros da Unión Europea iniciaron onte as negociacións do orzamento comunitario para os vindeiros sete anos, 2021-2027, por primeira vez sen a presenza do Reino Unido. No anterior período, o daquela primeiro ministro británico, David Cameron, ameazara con vetar a proposta orzamentaria se non era "boa para o Reino Unido". Nomeadamente, obrigou a un recorte, en troques da conxelación prevista, e a que se mantivese o chamado "cheque británico".

O orzamento comunitario nútrese principalmente de contribucións directas dos Estados membros da UE. As contías destas achegas varían duns Estados a outros en función da súa Renda Nacional Bruta e dos seus ingresos polo IVE. Así, se un socio contribúe ás contas da UE moi por riba do que se beneficia, prodúcense desequilibrios e tensións. Para evitalo, a UE conta cun mecanismo de devolucións.

A máis coñecida é este "cheque británico". Un logro da ex primeira ministra conservadora Margaret Thatcher que, tamén baixo ameazas de vetos, conseguiu un reembolso ao Reino Unido de parte da súa contribución anual para compensalo polo pouco proveito que sacaba das axudas comunitarias. Estas ían dirixidas principalmente á política agrícola común (PAC), que na década de 1980 representaba 75% do gasto do orzamento comunitario. Agora está en 40%.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios