Bretaña mobilízase contra o ‘status quo’ imposto desde París e pola súa reunificación

Unha manifestación o 28 de xuño en Nantes demandará o dereito a decidir nun referendo que reunifique este país e pare o proxecto de reforma territorial francesa.

breizh

París levaba tempo anunciando unha proposta de remodelación da súa división territorial interna, unha nova que xeraba esperanzas en certos nacionalismos (o bretón, nomeadamente) de que mediante esta reforma poidesen se sentar as bases para que Breizh (Bretaña) puidese reunificarse. Actualmente, este país está divido entre as ‘rexións’ de Bretaña e o es de Loira (onde se integra o departamento do Loira-Atlántico, que formou parte da Breizh). Mais esas esperanzas, tímidas, certo é, ficaron esvaídas pola proposta presentada desde París e que mantiña a división bretoa.

Foi entón, máis unha vez, a propia sociedade bretoa a que decidiu pular, como viña facendo, a través de diferentes iniciativas e proxectos para atinxir a reuificación de Bretaña. Unha delas vai ser a mobilización do 28 de xuño en Nantes convocada por 44=Breizh e que conta co apoio de plataformas e colectivos culturais, sociais e económicos. A demanda: o dereito a decidir, a convocatoria dun referendo “que deteña un proceso de reforma territorial que volve a Bretaña e Pyas de Loire atrás”.

O pobo bretón pide a palabra

A vontade é consultar nun primeiro momento á cidadanía do departamento do Loira Atlántico antes que outras zonas bretoas, “pois alí levan 40 anos de mobilizacións populares neste sentido”.

Ademais, estanse a expandir polas redes (e non só) iniciativas que apoian a convocatoria dun referendo. Unha delas é a activada desde breizh-info.com de reunir sinaturas para que se realice esa consulta cidadá. O obxectivo é reunir medio millón de firmas.

Desde o nacionalismo bretón estase a pular por dar o debate sobre a reunificación, demandando que se lle dé a palabra á sociedade, ao tempo que demanda máis autogoberno.

“Ao servizo da cidadanía e a prosperidade”

O nacionalisnmo aposta por unha reforma territorial “de espazos culturais, económicos e humanos, ao servizo da cidadanía e da prosperidade”, cunha Breizh unificada (4,4 millóns de habitantes), con capital en Brest e con Nantes e Rennes como principais cidades.

Comentarios