sábado 25.01.2020
Protesta en Lorient en defensa da nación galega

Bretaña e Galiza pola autodeterminación

Galiza é este ano nación convidada ao célebre Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña. Unha nutrida delegación de artistas desprazouse á cidade bretoa a tal efecto. A organización do certame, que atinxe a súa edición 49, salientou o carácter nacional do país. Mais a Xunta do PP manipulou os textos e onde puña “nación galega” puxo “territorio galego”. Ducias de persoas manifestáronse este sábado en Lorient en defensa da nación galega.
Manifestación en Lorient (Bretaña), en defensa do carácter nacional de Galiza. Foto: @breizhistance
Manifestación en Lorient (Bretaña), en defensa do carácter nacional de Galiza. Foto: @breizhistance

lorient 3

Entidades soberanistas bretoas convocaron a protesta. Na cabeceira, unha pancarta que situaba Bretaña e Galiza no mesmo combate pola autodeterminación. “Debemos decidir!”, en galego e en bretón, completaban a mensaxe.

Na marcha polas rúas da cidade víronse bandeiras das dúas nacións atlánticas. Os convocantes xa o advertiran: “Galiza e Bretaña non son territorios nin rexións, son nacións sen Estado”. “Estamos cansos deses discursos”, engadían.

Nota: foto de @gaelroblin.

comentarios