Icann recoñece o .bzh e fai a Bretaña visíbel como país nas redes. Axiña, Galiza

O Icann (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) vén de recoñocer o dominio .bzh (de Breizh, Bretaña na lingua propia). Mais un país soberano na rede. E Galiza e o .gal? Axiña

Bretaña, breizh

Os bretóns están de noraboa. Após 10 anos de loita teñen por fin un dominio de seu na rede: .bzh, unha extensión que permite visibilizar na rede este pequeno e fermoso país con tantas similitudes (na realidade e no imaxinario galeguista) con Galiza.

A boa nova foi acollida con evidente ledicia por colectivos como pointbzh, impulsores deste recoñecemento. “É algo moi positivo e un recoñecemento ao traballo desenvolvido ao longo de todos estes anos”, sinalou David Lesvenan, presidente de www.bzh.

Pola súa banda, Pierrick Massiot, presidente do Consello de Bretaña, destacou a importancia deste dominio para a cultura e idioma bretón, mais tamén para a economía e o turismo, entre outras.

E Galiza?

Galiza tamén poderá ser soberana nas redes en breve. Grazas ao traballo de colectivos e administracións, principalmente PuntogalHai unhas semanas, Puntogal sinalaba que 

a ICANN "vén de publicar a lista final de candidatos a novos dominios sobre os que pende algunha queixa formal por parte da ICANN, outras candidaturas ou membros da comunidade da Internet. Grazas ao apoio de toda a sociedade galega a candidatura, o .gal non figura nesa lista. Aliás, tampouco está na lista, publicada hai uns días, de candidaturas sobre as que os gobernos que participan na ICANN expresan dúbidas. Neste sentido, o .gal logrou o respaldo das administracións locais, autonómicas e estatais".

O .gal está respaldado por máis de 13.700 persoas e 110 institucións de todo o país; entre elas figuran os organismos máis relevantas da cultura galega (Real Academia, Consello da Cultura), as tres universidades, ducias de asociacións culturais de base, vinte asociacións de emigrantes baseadas en Europa e America, empresas tecnolóxicas, medios de comunicación, etc.

Comentarios