Unha boxeadora desprega unha bandeira do Batallón Azov con símbolos nazis nun campionato en Budapest

Trátase dunha bandeira ucraína que no centro mostra un dos característicos escudos do Batallón Azov, un grupo de extrema dereita que naceu como organización paramilitar e que actualmente se atopa integrado no exército de Ucraína.
A boxeadora ucraína Diana Petrenko, coa bandeira do Batallón Azov. (Foto: @Jakoben1789/Twitter)
photo_camera A boxeadora ucraína Diana Petrenko, coa bandeira do Batallón Azov. (Foto: @Jakoben1789/Twitter)

A boxeadora ucraína de 16 anos Diana Petrenko, que se atopaba a disputar un campionato de boxeo en Budapest (Hungría), despregou unha bandeira do Batallón Azov con simboloxía nazi.

Ocorreu durante a entrega de premios do campionato, do que Petrenko quedou segunda. Cando as autoridades comezan a entregar as medallas, a boxeadora saca a bandeira de Azov e, agarrándoa con ambas mans, desprégaa sobre o seu peito.

Trátase dunha bandeira ucraína que no centro mostra un dos característicos escudos do Batallón Azov, un grupo de extrema dereita que naceu como organización paramilitar e que actualmente se atopa integrado no exército de Ucraína.

Neste escudo pode distinguirse o Sol Negro (en alemán Sonnenrad), un símbolo de carácter ocultista vencellado con algúns das faccións máis radicais do nazismo. Ademais, tamén conta co Wolfsangel, unha insignia empregada por divisións das SS alemás.

Sanción a un deportista ruso

No vídeo da entrega de medallas pode verse como a boxeadora recolle a súa coa bandeira aínda despregada. Porén, unha persoa da organización semella achegarse en dúas ocasións para pedirlle que baixe a bandeira.

O suceso, que tivo lugar esta cuarta feira, deuse a coñecer no día de hoxe, 16 de xuño, e polo que, até o momento. non existe coñecemento de se ese acto pode implicar algunha sanción para a deportista ucraína.

A comezos de marzo deste ano, o ximnasta ruso Ivan Kuliak foi sancionado despois de ensinar o Z ruso da victoria na Copa do Mundo de ximnasia rítmica que estaba a ter lugar en Doha.

A Federación Internacional de Ximnasia (FIX) sancionou cun ano sen competir a Kuliak, por "violar os estatutos, o código ético o de conducta e o reglamento técnico" da organización.

Comentarios