O fundador da ONG, Óscar Campos, denuncia nas redes

Bótanse ao mar desde o Open Arms polo retraso dos permisos para desembarcar

Na mañá de hoxe, case medio cento de persoas emigrantes e refuxiadas botáronse ao mar desde o buque que os rescatou, o Open Arms, en resposta desesperada ao retraso dos permisos para desembarcar.
EuropaPress_3309673_imagen_traslado_bordo_buque_salvamento_ong_77_migrantes_rescatados
photo_camera Traslado a bordo das 77 persoas rescatadas no Mediterráneo. / E. P.

Na véspera, xa saltaran pola borda máis de 70 persoas que foron auxiliadas pola Garda Costeira italiana. O fundador da ONG Open Arms, Óscar Campos, denunciou a través do seu Twitter que se atopaban nunha “situación límite” a 1.500 metros da cidade italiana de Palermo e “sen solución ningunha”.

“Alóngase innecesariamente o sufrimento a bordo non só das persoas rescatadas, tamén da tripulación”, escribiu Campos na rede social, onde tamén quixo compartir imaxes da xente na auga, cos chalecos salvavidas postos.

Comentarios