Boris Johnson, en coidados intensivos

Empeorou o estado do primeiro ministro británico, contaxiado de coronavirus.

boris_johnson
photo_camera Boris Jhonson

O primeiro ministro britânico, Boris Johnson, foi ingresado nunha unidade de coidados intensivos do hospital St Tomas de Londres depois de empeorar os seus sintomas de covid-19, segundo informaron desde Downing Street.

Algunhas horas antes, Johnson, de 55 anos, afirmaba a través de Twitter que estava “ben disposto” e en contacto coa súa equipa para xestionar a crise de saúde provocada pola COVID-19.

O seu gabinete manifestou que Boris Johnson foi admitido nun hospital público de Londres por consello do seu médico, para estar baixo observación, debido a “sintomas persistentes” de COVID-19.

O diário británico The Guardian di que Johnson está consciente e que a decisión de o transferir para os coidados intensivos foi tomada principalmente por “precaución”, en caso do primeiro ministro precisar dun ventilador. 

O ministro de Asuntos Exteriores pasa agora a liderar temporalmente o Goberno británico. Dominic Raab é a escolla do propio Johnson para xestionar o Executivo e a crise nestes momentos nos que el non pode estar á fronte. No Reino Unido non existe a figura do vicepresidente. 


 

Comentarios