Bonafini pide á raíña de Inglaterra a devolución do ouro de Venezuela

"Agardo que me saiba entender e poida abrir a súa man que xa ten demasiado ouro e que estou segura non necesita máis", sinala a cofundadora de Nais de Praza de Maio na carta enviada a Isabel II.
Villa Martelli, 29 de marzo de 2015 - En el Encuentro Federal de la Palabra, se realizó la actividad "La Palabra Nunca,Homenaje a los poetas víctimas del terrorismo de Estado", en el marco del Festival Federal de Poesía.
Participaron del evento, Macarena Gelman, nieta de Juan Gelman; Camilo Juárez, hijo de Quique Juárez; Ángela Urondo, hija de Paco Urondo; Hebe de Bonafini, madre de Plaza de Mayo; Martín Oesterheld; nieto de Héctor German Oesterheld; Carlos Pisoni; representante de H.I.J.O.S.; Emilia Santoro, hermana de Jorge Santoro; Teofilo Tapia y Orlando Vargas, compañeros de militancia en la Villa 31 del Padre Mujica; Lula Urondo, nieta de Paco Urondo realizando dibujo en vivo; Miguel Martínez Naón, actor y poeta, interpretando textos de Héctor Oesterheld, y Rodolfo Edwards, Julia Magistratti y Natasha Deligiannis, coordinando la actividad.

Fotos: Margarita Solé / Ministerio de Cultura de la Nación
photo_camera Á esquerda, a activista arxentina cofundadora de Nais de Praza de Maio Hebe de Bonafini (Nós Diario)

A cofundadora da Asociación Nais de Praza de Maio en Arxentina, Hebe de Bonafini, enviou unha carta á raíña Isabel de Inglaterra onde lle solicita a devolución das 31 toneladas de lingotes de ouro valorados en 1.000 millóns de dólares que Venezuela ten almacenado no Banco de Inglaterra e que a entidade británica se nega a devolver.

"Eu creo, mellor dito, estou convencida, que vostede non necesita ese ouro, nin tampouco o pobo do seu país. Atrévome a lle dicir, de muller do pobo a muller que reina: non lle parece un abuso da súa parte? Ese roubo, non é un atropelo?", pregunta a histórica activista   polos dereitos humanos no seu país e a nivel internacional.

Na carta dirixida á xefa do Estado do Reino Unido, datada en Bos Aires o pasado sábado, 4 de xullo, Bonafini afirma que ousa escribirlle "porque desde hai 43 anos na Arxentina, a miña vida enteira está dedicada aos que menos teñen". 

"Nestes días tiven coñecemento de que o seu país, que sempre foi colonialista, decidiu roubar o aforros en ouro, depositados nos bancos ingleses, ao pobo de Venezuela", continúa a carta, que remata sinalando que "amo o sufrido pobo de Venezuela tanto como amo o meu". "Agardo que me saiba entender e poida abrir a súa man que xa ten demasiado ouro e que estou segura non necesita máis", conclúe Hebe de Bonafini.

O Tribunal Superior do Reino Unido ditaminou a semana pasada que é a Administración ad hoc do líder opositor venezolano Juan Guaidó, e non a do presidente Nicolás Maduro, a que pode acceder legalmente ás reservas de ouro de Venezuela depositadas no Banco de Inglaterra.

O Goberno venezolano argumenta que, aínda que o Goberno británico recoñeceu a Guaidó como "presidente interino", na práctica "mantén lazos diplomáticos" co Executivo de Maduro.

Comentarios