Bolivia nacionaliza a xestora dos aeroportos, unha filial española, por non investiren en melloras

O presidente Evo Morales vén de anunciar a nacionalización, de Sabsa, filial das españolas Abertis e Aena. Unha decisión que vén de ser aplaudida polos traballadores: "Sabsa estaba a roubar ao país"
Evo Morales
photo_camera Evo Morales

Bolivia nacionaliza máis unha empresa de matriz española por non cumpriren cos seus compromisos en beneficio do pobo boliviano. Así de contundente se manifestan na axencia boliviana de información, ABI.

Nesta ocasión, trátase de Sabsa, a filial das españolas Abertis e Aena e que se encargaba da xestión dos aeroportos de Bolivia. Que Sabsa se negase a investir en melloras en infraestruturas e na ampliación das terminais de Cochabamaba, El Alto e Santa Cruz levou ao goberno de Evo Morales a decidir a nacionalización.

secretario xeral dos traballadores da empresa de Servicios de Aeropuertos Bolivianos S.A. (SABSA), Alfredo Chávez, manifestou a súa satisfacción pola nacionalización desta empresa, que ao seu xuízo, enganaba o país desde hai 15 anos.

"Fíxose xustiza para Bolivia porque durante moitos anos vimos que esta empresa estaba enganando os bolivianos, polo tanto vimos que o presidente tomou unha boa acción", afirmou

Comentarios