Bolivia expropia catro filiais de Iberdrola para garantir a igualdade de tarifas e subministración en todo o país

O presidente de Bolivia, Evo Morales, vén de decretar a nacionalización de catro filiais de Iberdrola. Unha decisión adoptada para garantir, sinalou o presidente boliviano, a igualdade e equidade en tarifas e acceso á electricidade entre toda a cidadanía independentemente do lugar do país onde more. Algo que non se garantía coa empresa española
Evo Morales
photo_camera Evo Morales

Bolivia nacionaliza catro filiais de Ibedrola: As distribuidoras de enerxía en La Paz e Oruro, unha empresa de servizos e unha xestora de investimentos. A expropiación destas filiais da empresa española resposta a un motivo simple, como informou o presidente boliviano Evo Morales: Garantir a equidade e a igualdade de tod@s @s habitantes do país en tarifa eléctrica e acceso a este ben. A estatal Empresa Nacional de Electricidad pasa asumir o contro desas catro compañías en representación do país.

Morales argumentou que exiete unha fenda moi grande entre as tarifas urbanas e rurais, de aí que se decidise a nacionalización destas distribuidoras eléctricas. "Esta medida garantirá o dereito igualitario da cidadanía que vive na área rural, precautelando a súa economía con tarifas equitativas e un servizo de calidade uniforme".

Discriminación

Como exemplo, o presidente de Bolivia sinalou que a tarifa eléctrica urbana ten un custo de promedio de 0,07 euros por kilovatio/hora, mentres que no rural de Oruro  é de 0,17 euros.

Xa o pasado mes de maio Evo Morales nacionalizou as accións que Red Eléctrica Internacional, filial de Red Eléctrica Española, posúe na empresa Transportadora de Electricidad (TDE), e ordenou ao comandante en xefe das Forzas Armadas, Tito Gandarillas, que "tome as instalacións da administración e a operación" da empresa en Cochabamba. Red Eléctrica Internacional adquiriu en 2002 o 99,94% das accións da empresa boliviana TDE, propietaria e operadora do Sistema Interconectado Nacional boliviano (SIN), que atende o 85% do mercado nacional.

Morales informou de que o seu Goberno asumía esa decisión coma un xusto recoñecemento ás traballadoras, aos traballadores e ao pobo boliviano, que "loitou pola recuperación dos Recursos Naturais e dos servizos básicos".

Comentarios