Boicot de Israel ao Consello de Dereitos Humanos da ONU

O Estado sionista négase a cooperar co organismo das Nacións Unidas mantendo unha actitude "sen precedentes" segundo o presidente da UNHCR, Remigiusz Henczel.
Asentamentos coloniais en Palestina
photo_camera Asentamentos coloniais en Palestina

Após a decisión adoptada polo Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (pertencente ao Alto Comisionado para os Dereitos dos Refuxiados ou UNHCR) o pasado mes de novembro pola que enviou unha misión de investigación sobre os asentamentos coloniais israelís sob territorio palestino, o Goberno de Tel Aviv decidiu suspender relacións co organismo e boicotear a elaboración dun informe que tiña por obxecto determinar as violacións dos dereitos humanos practicadas no país e, nomeadamente pol@s colon@s.

A actitude de Israel non ten precedentes nos máis de sesenta anos da fundación do UNHCR e dá lugar a unha "situación sen precedentes" segundo o seu presidente, o polaco Remigiusz Henczel. Neste senso, a ausencia d@ representante de Tel Aviv no pleno que se tiña que celebrar a pasada terza feira, obrigou a Henczel a suspender a sesión e convidar @s 47 membros do Consello e aos Estados observadores --entre os que se atopa xa Palestina, a se pronunuciaren ao respecto.

O presidente da UNHCR asegurou que a actitude de Israel deu lugar "a unha situación sen precedentes" e advertiu a Tel Aviv que de manter o seu boicot aumentaría as "medidas" contra o seu goberno

Israel aspela a un "nesgo inherente" no Consello de Dereitos Humanos

Aliás, Remigiusz Henczel, adiou a convocatoria dun novo pleno até o vindeiro mes de maio, advertindo en todo caso a Israel de que "de non se prensetar na vindeira sesión" a UNHCR "aumentará as medidas contra Tel Aviv. Segundo o executivo israelí, a decisión de rachar as relacións co devandito organismo responde a un suposto "nesgo inherente" ao Consello contra o país pola decisión de investigar os asentamentos coloniais --cuestión que nunca antes fora obxecto de investigación por organismos internacionais. Neste senso, a negativa de Israel ergue sospeitas no seo das Nacións Unidas --no entanto denunciadas por múltiples organizacións internacionais a prol dos dereitos humanos-- a respecto das súas "violacións do Dereito Internacional", aseguraron numerosos Estados membros das Nacións Unidas.

Segundo Remigiusz Henczel, as decisións adoptadas polo Consello de Dereitos Humanos arredor da ruptura do principio de universalidade por Israel, servirá para estabelecer un procedemento de actuación perante futuros incumprimentos e boicotes no seo do organismo, nomeadamente a respecto da non cooperación nas misións de investigación.

Anualmente, o Alto Comisionado para os Dereitos Humanos elabora un informe anual arredor das violacións dos dereitos fundamentais nos ordenamentos xurídicos dos Estados membros da ONU. Israel, é un dos países con maiores vulneracións neste senso, porén partilla con outros como os EUA e o Estado español violacións reiteradas obxecto de denuncia por parte da organización internacional. A lei antiterrorista, é no caso español obxecto de duras críticas por parte do Alto Comisionado.

Comentarios