O BNG urxe ao Estado para que invista na conexión por tren con Portugal

O Goberno portugués xa ten os seus planos pero para garantir a mobilidade completa tamén é preciso que se fagan inversións na Galiza.
EuropaPress_3416048_bng_congreso_comunicacion_audio_video_rolda_prensa_nestor_rego
photo_camera O deputado Néstor Rego na sala de prensa do Congreso. (Foto: BNG)

Case en paralelo á negociación dos orzamentos para o ano próximo, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Estado que centre os seus esforzos e cartos en executar a “saída sur” de Vigo, que non é outra que o traxecto da alta velocidade ferroviaria cara Portugal.

O nacionalista rexistrou varias iniciativas destinadas a acabar con “décadas de atrasos e incumplimentos” coa mobilidade entre a Galiza e o país veciño.

Após rexistrar esas ideas para urxir unha actuación, Rego incidiu en que se precisa unha iniciativa que “vertebre as comunicación” entre ambos territorios, pois xa existe un movemento real de persoas.

De feito, o Goberno do Estado luso ten no seu Programa Nacional de Inversións 2030 un horizonte no que lle presta especial atención ao interese estratéxico das conexión Lisboa-Oporto e Oporto até o Miño, é dicir, até a Galiza.

Pola parte portuguesa, a idea é reducir moito a viaxe até Vigo, pois pasará de 2 horas e 23 minutos a menos dunha hora. Tamén os recortes do tempo para chegar a Lisboa ofrecerán oportunidades de distintos tipos.

No entanto, para conseguir os obxectivos tamén ten que existir unha implicación do Goberno do Estado e mesmo da Xunta.

“Queda claro que o Goberno continúa anclado nunha visión e planificación radial, na que Madrid é o centro, tanto para as redes ferroviarias como para o resto de infraestruturas viarias, plasmando así a visión centralista do Estado”, lamentou Rego, que incidiu en que hai que facer a aposta polo corredor atlántico por tren.

Comentarios