Avisa a Mónica Oltra

O Bloc di que Compromís non concorrerá con Podemos ás eleccións valencianas

O Consell Nacional do Bloc descartou a posibilidade de que Compromís e Podemos conflúan nun movemento tipo En Marea ás eleccións valencianas, que terán lugar en 2019.

C1jwzePWIAA05cS
photo_camera [Imaxe: Dolors Gimeno] Consell Nacional do Bloc

Aínda que non se aprobou resolución ningunha ao respeito, o Consell Nacional do Bloc, que tivo lugar o sábado, día 7, en Sagunt, descartou que Compromís concorra con Podemos ás eleccións valencianas de 2019 nunha fórmula semellante á da Marea na Galiza.

Tanto Àgueda Micó, secretaria nacional do Bloc, como Rafa Carbonell, portavoz nacional do Bloc, expresaron publicamente a posibilidade de que Compromís participe nas eleccións nalgún formato diferente ao actual.

O Bloc “non está para ir en compañía de Podemos nas urnas”

Micó sinalou que, aínda que é cedo “para saber en que condicións estará Podemos en 2019 e se terá separado”. Engadiu que, aínda que a decisión debe ser adoptada por todos os integrantes de Compromís, o Bloc “non está para ir en compañía de Podemos nas urnas”.

O portavoz nacional do Bloc utilizou o Twitter para expresar: “En Sagunt deixamos ben clara a aposta por Compromís para 2019. Podemos non é o noso proxecto”.

O posicionamento de ambos os dirixentes chega após Mónica Oltra, vicepresidenta do Goberno valenciano e líder de Iniciativa del Poble Valencià, apostara en distintas entrevistas por abrir os pactos electorais tamén en Valencia.

Comentarios