Blesa, antes de morrer: "Deíxoche o telefone da miña muller, por se a tes que chamar"

Un novo testemuño -o dunha das persoas que almorzaron con Blesa antes de este morrer por un disparo no peito- voltaría a avalar a hipótese do suicidio.

Miguel Blesa
photo_camera Miguel Blesa

A Garda Civil barallou desde o principio a hipótese do suicidio, ao mesmo tempo que desbotaba a posibilidade de a morte se ter debido a un accidente.

Aliás, esa hipótese parecía debilitarse unha vez que desde a contorna do ex banqueiro se afirmaba a Europa Press que Blesa non estaba nen "desanimado" nen "deprimido" e que mesmo tiña esperanzas fundadas de ver prosperar o seu recurso perante o Tribunal Supremo contra a sentenza condenatoria da Audiencia Nacional polo uso fraudulento dos cartón black (6 anos de prisión).

Un novo xiro nos acontecimentos produciuse nas últimas horas cando se coñeceu que unha das últimas persoas que o viron con vida, que almorzou con el poucos minutos antes da súa morte, foi o receptor desta mensaxe: "Deíxoche o telefone da miña muller por se a tes que chamar".

Con todo, fontes da investigación indican que esta non está fechada e que tomarán declaración a persoas próximas ao ex presidente de Cajamadrid. A autopsia ao cadáver de Blesa vai ser practicada esta quinta feira.

Comentarios