Biscaia limita a plantación de eucalipto para frear a expansión desta especie

Segundo o texto elaborado pola Deputación Foral, preténdese limitar a plantación do eucalipto até o 31 de decembro de 2025.

O BNG denuncia a “conivencia" do Goberno galego coa plantación de eucaliptos (Foto: Xunta da Galiza)

A Deputación Foral de Bizkaia iniciou a tramitación dunha prórroga para frear a expansión do eucalipto no territorio e limitar a plantación desta especie, informa o diario Berria. Segundo o texto elaborado, limitará a plantación do eucalipto até 31 de decembro de 2025 e incorporarase como disposición adicional á vixente Norma Foral de Montes.

O texto establece que se estaban tramitando con anterioridade á entrada en vigor da disposición e que só se permitirán as  replantacións de eucaliptos que finalmente se aproben. De feito, o prazo de execución destas plantacións finalizará en 30 días naturais desde a entrada en vigor da disposición.

Así mesmo, até 31 de decembro de 2025 só se permitirán replantacións de eucaliptos se no terreo que se pretende plantar existiu previamente unha masa forestal formada maioritariamente por esta especie: que máis de 50% das especies cultivadas fosen eucaliptos e as plantacións anteriores respectasen a lexislación.

Un informe da Universidade vasca asegura que este incremento ameaza determinadas especies de animais e aumenta o risco de incendios.  O eucalipto cobre o 2,6 % do territorio de Euskadi.

Con todo, non se permitirá que a superficie para repoboar co eucalipto supere a superficie previamente plantada con esta especie.

A Deputación Foral presentou publicamente o texto e os biscaíños e biscaíñas poderán presentar alegacións.Posteriormente, continuarase coa tramitación do texto nas Xuntas Xerais de  Bizkaia, cuxa aprobación está prevista para o primeiro trimestre de 2022.

Por tanto, con esta disposición a Deputación pretende establecer o soporte legal necesario para regular o uso forestal do eucalipto e frear a súa expansión.

O ecoloxismo vasco leva tempo denunciando o que cualifica como "descontrolada expansión" do eucalipto, ao que consideran unha "ameaza real, especialmente en pobos da costa de Bizkaia, alarmante no caso de concellos como  Maruri, onde o eucalipto xa coloniza máis do 50% das súas terras".

Un informe da Universidade vasca asegura que este incremento ameaza determinadas especies de animais e aumenta o risco de incendios.  O eucalipto cobre o 2,6 % do territorio de Euskadi.

Comentarios