venres 07/05/21

BioNTech espera ter a vacina para mozos de 12 a 15 anos en Europa a partir de xuño

A proposta para aprobación do regulador europeo está na fase final.

Lote de vacinas de Pfizer (Foto: Europa Press).
Lote de vacinas de Pfizer (Foto: Europa Press).

BioNTech espera que a vacina contra a Covid-19, que desenvolveu en  parceria coa Pfizer, estea dispoñíbel para mozos e mozas de 12 a 15 anos en Europa a partir de xuño.

O  CEO da empresa alemá,  Ugur  Sahin, afirmou á revista Der  Spiegel que a proposta para aprobación do regulador europeo estaba na fase final.

A avaliación dos datos do ensaio  clínico "demora de catro a seis semanas en media", engadiu o responsábel.

A farmacéutica  BioNTech/ Pfizer anunciaba a principios de abril que a súa vacina de ARNm fronte á Covid-19 evita a enfermidade sintomática en mozas de 12 a 15 anos e, ademais, foi ben tolerada por estes.

O laboratorio comunicaba daquela que remitiría os datos da fase III do ensaio clínico ás axencias regulatorias para unha modificación das condicións de uso da vacina  Comirnaty.

A este respecto, o CEO da empresa manifestoaba que pensaba que os adolescentes poderán acudir xa vacinados aos seus centros docentes para o vindeiro curso.

O ensaio incluíu 2.260 persoas e a comparativa foi a resposta inmune  sérica en relación á observada nos adultos. A media dos anticorpos  neutralizantes nos de 12 a 15 anos chegou a 1.239 fronte a unha media de 705 observada nos de 16 a 25 anos.

Ademais da  inmunoxenicidade, a vacina tamén evitou os casos clínicos, xa que no grupo de vacinados os casos foron cero por 18 nos que recibiron placebo.

comentarios