Bélxica denega a extradición de Valtònyc

A xustiza belga denega a euroorde da Audiencia Nacional española e considera que as letras das cancións do rapeiro mallorquí son liberdade de expresión.

valtonyc
photo_camera valtonyc

O xulgado de Gant denegou a euroorde da Audiencia Española contra o rapeiro Valtònyc. Condenado a tres anos e medio de prisión por ameazas, enaltecemento do terrorismo e inxurias á coroa española. Segundo explica o avogado Gonzalo Boye, o maxistrado considera que as letras das cancións son liberdade de expresión.

"Son feliz de ser libre aquí. A toda persoa que sexa perseguida pola xustiza española anímoa a que a procure en calquera outro lugar”, dixo Valtònyc no exterior do xulgado. Os avogados do rapeiro fixaron Estrasburgo como nova etapa da súa estratexia. Levarán este caso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos para crear “un precedente e demostrar que en españa non hai liberdade de expresión”.

Valtònyc é unha doa máis a sumar aos xuízos e denuncias que no Estado español se sucederon nos últimos tempos contra rapeiros, nunha dinámica que ten certa tradición no Estado: levar perante a xustiza a intérpretes polo contido dos seus temas. 

Comentarios