Beatriz Etxeberria: “No calabozo puxéronme vaselina na vaxina e o ano e despois introducíronme un pau”

O Comité europeo para a prevención da tortura dá credibilidade e recolle nun seu informe a violación en calabozos españois dunha moza vasca detida en 2011 baixo a acusación de pertencer a ETA. Un estudo cifra en 3.000 os e as vascas torturadas en comisarías e cuarteis desde a transición até a actualidade.

Beatriz Etxebarrieta

Ano 2011. ETA xa decretara o cesar o fogo mais o Estado español e as súas forzas de seguridade seguían en pé de guerra. Nun dos tantos operativos que se realizaban, e realzian, en Euskal Herria e que se venden mediaticamente coa etiqueta de Operación contra ETA, foron detid@s seis moz@s. Arrestados en diferentes localidades e cidades bascas para ser conducidos á Audiencia Nacional baixo a aplicación da Lei Anti-terrorista.

Malias denuncias realizadas por plataformas de dereitos humanos e colectivos cidadáns, os grandes medios españois obviaron a violación. 

Durante eses días sometidos a incomunicación o trato a estes cidadáns vasc@s foi o normal neste tipo de operativos: puñadas, patadas, vexacións, insultos, malleiras, ameazas...e moito máis. Todo iso a cargo de axentes da Garda Civil. Os feitos foron denunciados por plataformas de dereitos humanos, de solidariedade coas presas... mais os grandes medios silenciaron o tema.

Gravidade

O Comité europeo da prevención da Tortura (CPT) vén de recoller esas denuncias, dando así unha lección de democracia e contra a impunidade non só o goberno español,senón tamén aos medios de comunicación do Estado español.

Este organismo considera “críbel e consistente” as torturas e vexacións denunciadas por estes detidos vascos, entre elas unha especialmente repugnante: Unha violación.

Violación e electrodos

O informe deste organismo europeo polos dereitos humanos recolle que a cidadá vasca Beatriz Etxebarria foi sometida, textualmente, a “interrogatorio. Mentres levaba posta a bolsa , aplicáronlle vaselina na vaxina e o ano e introducíronlle un pau no recto. O mesmo tempo, ameazábanlle con máis abusos sexuais se se negaba a falar”.

Mentres lle metían un pao polo ano amenazábana con máis abusos sexuais,a ela e á súa parella

Aliás, o documento da CPT recolle que a mantiveron “espida durante todos os interrogatorios e que continuou recibindo ameazas de abusos sexuais, a ela e á súa parella: Após de mollala con auga, atáronlle electrodos ao corpo e ameazaron con aplicarlle electricidade”.

España, todo mentira. Europa: que se investigue

Desde Madrid xa se respondeu a ese informe da CPT dicindo que todo era unha gran mentira e que no Estado español non se tortura. O organismo europeo retrucoulle pedindo ques e investiguen as denuncias e os feitos.

Un estudo cifra en 3.000 os e as cidadás de Euskal Herria que sofreron torturas desde a Transición até a actualidade.

Organizacións como Amaiur xa anunciaron que pedirán no Congreso español a  comparecencia urxente do ministro de Interior.Unha demanda apoiada for forzas nacionalistas. 

Milleiros de torturad@s

Un documentado traballo colectivo impulsado pola Fundación Euskal Memoria desvelaba hai uns meses que desde a Transición até hoxe en Euskal Herria houbo pola volta de 9.000 cidadá(n)s vasc@s que foran sometidos a incomunicación en aplicación da Lei Antiterrorista, un 40% dos cales terían sofrido torturas. E dos 62 axentes das FSE que foron condeanados por torturar a vasc@s, 36 foron indultados por gobernos do PP e do PSOE.

Comentarios