Investidura

As bases de Bildu decidirán o voto na investidura os días 2 e 3 de xaneiro

A esquerda abertzale preguntará esta semana ás súas bases se aceptan a proposta da dirección de absterse no pleno de investidura de Pedro Sánchez.
O deputado de Bildu, Oskar Matute, a portavoz no Congreso, Mertxe Aizpurua e o portavoz no Senado, Gorka Elejabarrieta (Imaxe: Europa Press)
photo_camera O deputado de Bildu, Oskar Matute, a portavoz no Congreso, Mertxe Aizpurua e o portavoz no Senado, Gorka Elejabarrieta (Imaxe: Europa Press)

As bases de EH  Bildu decidirán entre o 2 e o 3 de xaneiro se aceptan a proposta da dirección da coalición soberanista para absterse na sesión de investidura do candidato do PSOE á reelección como presidente do Goberno central, Pedro Sánchez.

O contido concreto da pregunta que se formulará ás bases de coalición soberanista é o seguinte: "Estás de acordo con que os cinco deputados e deputadas de EH  Bildu no Congreso español faciliten mediante a abstención activa a investidura do candidato do PSOE, Pedro Sánchez, como presidente do Goberno español, para que conforme goberno con Unidas Podemos?.

A Mesa Política de EH Bildu xa deu a coñecer na segunda feira, 30 de decembro, que é partidaria de absterse na investidura de Sánchez, dado que un Goberno de coalición entre o PSOE e Unidas Podemos "abre unha xanela de oportunidade para a resolución dos graves problemas estruturais do Estado".

Aínda que esta é a proposta da dirección de EH  Bildu, a última palabra sobre cal será o sentido do voto das representantes da coalición no Congreso dos Deputados recaerá na militancia, que entre os días 2 e 3 de xaneiro deberá pronunciarse ao respecto nunha consulta.

O prazo para participar na votación péchase ás 12.00 horas da sexta feira, 3 de xaneiro, segundo informou hoxe a propia formación soberanista nun comunicado.

O pleno de investidura decorrerá no Congreso dos Deputados durante os días 4 e 5 de xaneiro e, de o candidato do PSOE non obter unha maioría absoluta de apoios, repetirase a sesión o día 7 de xaneiro onde xa só se precisa unha maioría simple de votos afirmativos.

Comentarios