Luis Bárcenas recoñece a autoría da contabilidade B e presenta máis documentos

O ex-tesoureiro do Partido Popular atribúese a autoría dos papeis manuscritos publicados por El País e achega máis documentación a Ruz que detalla os cobros ilegais do partido e os pagamentos percibidos pola cúpula durante dúas décadas. 

O ex-tesoureiro do Partido Popular atribúese a autoría dos papeis manuscritos publicados por El País e achega máis documentación a Ruz que detalla os cobros ilegais do partido e os pagamentos percibidos pola cúpula durante dúas décadas 

Luis Bárcenas cerca ao Partido Popular e presenta novos documentos nos que se recolle a contabilidade irregular do partido. O ex-tesoureiro asume ser o autor dos papeis publicados polo diario El País e entrega ao maxistrado máis información que viría completar a relación de cobros e pagamentos ilegais. 

Rajoy non nega a veracidade dos SMS en comparecencia de imprensa 

Após de máis de tres horas de comparecencia perante o xuíz Ruz, o Partido Popular falou a través do se vice-secretario Carlos Floriano. O popular asegurou en comparecencia de imprensa que o PP "non ten nada que temer" porque, din, "non tivo ningún contacto" con Bárcenas. 

As declaracións de Floriano contradín o comunicado emitido o domingo desde Moncloa no que daban por certas as mensaxes partilladas entre Rajoy e Bárcenas e mesmo as consideraban unha mostra de que o presidente do Goberno "non se amedrenta" fronte as supostas "ameazas" do que foi responsábel das finanzas do PP durante anos. 

En troca, esta segunda feira o PP negou térense producido "contactos" e aseguran recibir "con absoluta tranquilidade" calquera nova información pois "o PP non ten nada que temer" acrecentou Floriano. 

O Grupo Mixto e a Izquierda Plural exixen a disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións antecipadas. En troca, o PSOE pide a demisión de Rajoy e un novo proceso de investidura

O PSOE exixe un cambio de goberno mentres os demais grupos exixen unha convocatoria electoral
Disolver as Cortes e convocar eleccións anticipadas. Esas son as demandas do Grupo Mixto e a Izquierda Plural que non cren suficiente un cambio de faciana senón que, entenden, é preciso que a cidadanía recupere a palabra. 

Pola súa banda desde o PSOE o seu presidente, Alfredo Pérez Rubalcaba pediu a demisión do líder do executivo español mais non o adianto dos comicios. @s socialistas non aclararon se presentarán unha moción de censura, no entanto iniciaron unha rolda de contactos con algunhas das formacións que compoñen o hemiciclo para "consensuar", dixo Rubalcaba, un candidato alternativo de acordo co disposto na lexislación. 

Neste senso, desde CiU --até o momento a única formación en pronunciarse-- condicionaron un hipotético apoio á moción de censura a que o "futuro candidato", dixeron, respecte e garanta o dereito de autodeterminación do pobo catalán a través da consulta dun referendo popular pola independencia. 

Comentarios