Bárcenas sobre Rajoy: "coñecía a contabilidade B do PP desde o comezo"

O ex-tesoureiro dirixiuse directamente ao líder popular e presidente do goberno español á saída da súa primeira comparecencia perante a Audiencia Nacional. 

Contas de Bárcenas publicadas por El País
photo_camera Contas de Bárcenas publicadas por El País

Nen 24 horas tardou o ex-tesoureiro do Partido Popular, Luís Bárcenas, en lanzar o primeiro ataque ao que foi o seu partido durante décadas.

Á saída da súa primeira comparecencia en sede xudicial --terá que facer tres á semana-- Bárcenas asegurou que o presidente da formación e tamén do goberno español, Mariano Rajoy "coñecía" a contabilidade B do PP "desde o comezo". Unhas contas, sinalou, que foron creados polo primeiro responsábel económico do partido, o galego Rosendo Naseiro. 

Bárcenas di que Rajoy coñecía a contabilidade B do PP e que a dirección do partido obtido rendementos da mesma

O ex-tesoureiro afirmou perante os medios de comunicación que o PP "se beneficiou" desa contabilidade non declarada e destacou que "todos os apuntamentos" recollidos por el son verídicos. 

"O do PP xa non é un asunto de pel, senón de cerebro", espetou Bárcenas, a respeito dos sobre-soldos percibidos pola dirección do partido durante 20 anos.

Aliás, para xustificar que todo o relatado por el se axusta á verdade, o ex-tesoureiro popular asegurou que, do contrario, o PP non podería ter executado as obras de reforma da súa sede na rúa Génova (Madrid). Unha remodelación que segundo o auto emitido polo propio xuíz instrutor da causa, Pablo Ruz, se terían levado a cabo con fondos procedentes desa contabilidade B, cando menos unha terceira parte. 

Comentarios