Balanzo do 155: 259 cargos destituídos, leis intervidas, 24 organismos suprimidos, 7exiliados e 9 encarcerados

O medio catalán Elnacional.cat  repasa algunhas das consecuencias e efectos da aplicación do artigo 155 da Constitución española polo goberno de Raxoi.

lleida sixena catalunya 155 imaxde de @CDRsLleida
photo_camera Imaxe: @CDRsLleida

A aplicación do artigo 155 polo Estado español tivo como consecuencia a renovación práctica de toda a cúpula do goberno da Generalitat, tal e como recolle ElNacional.cat. Según os datos máis recentes publicados pola entidade Servidors.cat, e recollidos por ese medio, 259 empregados públicos foron despedidos dos seus cargos durante estes estes case sete meses de intervención das institucións catalás. O goberno español fulminou en diferentes niveis da administración, a maioría deles con cargo política e o departamento más afectado foi o de Economía e Finanzas, que dirixía Oriol Junqueras, actualmente preso.

Ademais dos despedimentos hai sete dirixentes independentistas exiliados e nove foron encarcerados. O 155 tamén supuxo a eliminación de 24 organismos, aos que hai que engadir catro máis que están intervidos. Doutra banda, tamén inflúe no grao de paralización da actividade parlamentar. Hai toda unha serie de leis aprobadas no Parlamento  que están afectadas pola intervención da autonomía catalá.

Comentarios