luns 28/09/20

Baixada histórica da participación en Euskadi a poucas horas de fechar as urnas

A xornada electoral en Euskadi deixa unha caída histórica da participación ás 17 horas. 36,02% do censo votou, 8,36 puntos menos que a cifra rexistrada a esa mesma hora nos comicios de hai catro anos, que se situaba en 44,38%.

Papeletas para o 12-X en Euskadi.
Papeletas para o 12-X en Euskadi.

A participación nas eleccións vascas deste 12 de xullo apunta a unha caída histórica nas tres circunscricións. A máis pronunciada sitúase en Araba, onde votou 33,2% até as 17 horas, o que supón 9,3 puntos menos que en 2016. En Bizkaia, a porcentaxe do censo que votou sitúase en 36,4%, 8,5 puntos menos que en 2016. En Gipuzkoa, en cambio, a participación queda en 36,67%, o que supón 7,8% menos que hai catro anos.

1.794.316 electoras e electores están chamados a votar este 12-X para escoller a Cámara vasca, 10.899 máis que hai catro anos, dos que 1.718.318 son residentes en Euskadi e 75.998 no estranxeiro.

As persoas que deron positivo na Covid-19 e están en corentena non poden acudir ás urnas porque teñen restrinxida a mobilidade. Se o fan, poden incorrer nun delito contra a saúde pública.

Espérase que o reconto de votos finalice ás 22.30 horas.

comentarios