O ex mandatario anima a derrotar o nacionalismo

Aznar reaparece en plena campaña para chamar “golpista” o independentismo

O expresidente do Goberno central, José María Aznar, chamou a derrotar as e os independentistas nas vindeiras eleccións xerais aludindo a que “non se pode convivir permanentemente cun golpe de estado". Así mesmo, o ex mandatario reivindicou o papel de Lincoln aludindo a que nunca aceptou a división dos Estados Unidos de América a pesar dunha guerra civil e de 300.000 mortes.

José María Aznar
photo_camera José María Aznar

A sete días das eleccións xerais reapareceu publicamente o ex presidente do Estado español, José María Aznar, para chamar “a derrotar” o independentismo e anunciou que as respostas á situación de Catalunya dependerán do que a poboación vote o vindeiro domingo. O ex dirixente do Partido Popular considera que se está a vivir nun continuo golpe de estado por mor da actuación das e dos soberanistas que reclaman o dereito a decidir.

"En Catalunya fai falta unha política nacional con continuidade no tempo e que deixe moi claro que é imposíbel  a ruptura da unidade de España", aseverou o ex lider popular

Porén, asegurou que para el non se trata de nada novo, e asegurou que a situación que atravesa Catalunya xa se viviu con anterioridade en Euskadi e afirmou que «nos anos 90 non só enfrontamos o terrorismo, senón que mobilizamos a sociedade».

"En Catalunya fai falta unha política nacional con continuidade no tempo e que deixe moi claro que é imposíbel  a ruptura da unidade de España", aseverou o ex lider popular nun acto onde participou do director do diario El Mundo, Francisco Rosell, e no que cualificou o ex presidente dos Eestados Unidos Abrahm Lincoln como garante da unidade. Deste histórico presidente, Aznar resaltou que defendeu “a integridades dos EE.UU.” a pesar de ter que enfrontar unha guerra e de 300.000 mortes.

Comentarios