Axencia Tributaria abre unha inspección a Juan Carlos I para comprobar se cumpre as súas obrigas tributarias

A Administración tributaria solicita información sobre os pagamentos realizados pola Fundación Zagatka

O rei emérito Xoán Carlos I de Borbón atópase desde o 3 de agosto nos Emiratos Árabes Unidos (Imaxe: Europa Press)
photo_camera O rei emérito (Imaxe: Europa Press)

A Axencia Tributaria española notificou a Juan Carlos I o inicio dunha inspección para verificar o cumprimento das súas obrigas tributarias, segundo El Español.

Até agora, o organismo só fixera comprobacións sobre a regularización fiscal feita polo rei emérito de España en febreiro.

Juan Carlos I presentou unha declaración de autoliquidación complementaria polo diñeiro que recibiu da Fundación Zagatka, por valor de oito millóns de euros, e saldou unha débeda con Facenda de 4.395.901,96 euros.

A administración tributaria aínda non aprobou a regularización e agora solicitou máis información sobre os pagos realizados pola Fundación Zagatka, así como datos sobre contas, tarxetas e activos.

Agora, o rei emérito debe responder á solicitude de información.

Entre 2009 e 2018, Juan Carlos I pagou máis dunha ducia de voos privados a Norteamérica, o Caribe e o Levante con oito millóns de euros da compañía instrumental Zagatka, con domicilio en Liechtenstein e xestionada polo seu curmán Álvaro de Orleans-Borbón.

Comentarios